Arrinca Narón 2013

Venres 8 de novembro (16:30 a 20:30 horas) e sábado 9 de novembro (10:00 a 20:00 horas), Cooperativa do Val (Narón).

Información enviada por Ero Sante, organizador do evento

Os días 8 e 9 de novembro celebraranse na Cooperativa do Val as I Xornadas Arrinca Narón 2013.

Arrinca é un proxecto colaborativo, de ámbito galego, que nace para axudar a xente cunha idea de negocio para que poida desenvolvela e facela realidade. É dicir, que se tes unha idea e queres asesorarte, contrastala e buscar outras persoas, Arrinca pode ser de interese para ti.

O obxectivo de Arrinca é reunir a persoas con distintos perfís profesionais ou aptitudes persoais para colaborar, desinteresadamente, sobre os proxectos participantes nos distintos eventos. Desta maneira, preténdese favorecer a posta en marcha de novos negocios, a creación de postos de traballo e a mellora económica nas distintas rexións de Galicia onde se organice un evento Arrinca.

Teñen cabida como beneficiarios deste proxecto tanto as persoas cun proxecto empresarial que necesita ser contrastado ou mellorado, como as PEMEs que xa están en funcionamento pero que buscan axuda para optimizar ou modernizar o seu modelo de negocio.

Do mesmo modo, o evento está aberto á participación de todo tipo de persoas que achegan o seu coñecemento: estudantes, persoas que traballan por conta propia ou conta allea, desempregadas, xubiladas ou especialistas nalgún tema concreto. Aportan a súa opinión aos proxectos participantes, gozan dunha experiencia enriquecedora e gratificante, á vez que fan contactos e establecen colaboracións futuras.

As prazas son limitadas e o prezo das inscricións varía entre 15 euros, se se colabora no proxecto doutra persoa ou 30 euros, se se presenta un proxecto propio.

Nos dous casos, está incluído no prezo da inscrición o dereito a participar no evento, o asesoramento por parte dos mentores, cafés e refrescos durante o tempo de traballo en grupo e a comida do sábado no Mesón A Ponte (O Val – Narón).

Está dispoñible máis información en: http://naron.arrinca.org

LogoArrincaNaronGA

Estas entrada foi publicada en Emprego e emprendemento coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s