Novo itinerario formativo do proxecto “Ferrol punto de emprego II”: PEIXARÍA

Para quince persoas, o prazo de inscrición estará aberto ata o día 29 de xaneiro.

Destinatarios/as:

  • Persoas inscritas como desempregadas no Servizo Público de Emprego de Galicia, empadroadas no Concello de Ferrol.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    • Persoas menores de 30 anos
    • Persoas maiores de 45 anos
    • Parados de longa duración (inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia cunha antigüidade superior a 12 meses)

Obxectivo: Capacitar para seleccionar e comprar produtos de pesca, para a súa preparación mediante técnicas de lavado, descabezado, eviscerado, descamado, cortado e fileteado, segundo os casos, mantendo as necesarias condicións de conservación e respectando a normativa de calidade, de medio ambiente, as medidas de seguridade e técnico-sanitarias vixentes, así como capacitar para levar a cabo as funcións relativas á xestión e administración dunha peixaría.

Duración: 410 horas (240 horas de práctica profesional en empresas)

Requisitos de formación:

  • Posuír como mínimo a seguinte titulación: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

Contidos:

  • Módulo 1: Selección e abastecemento de peixes e mariscos.
  • Módulo 2: Manipulación de peixes e mariscos.
  • Módulo 3: Xestión e administración dunha peixaría.

Prazo de presentación solicitudes: Do 20 ao 29 de xaneiro de 2014.

Lugar e horario presentación solicitudes: Centro de Emprego do Concello de Ferrol de 9:00 a 14:00 h

Documentación:

  • Copia DNI
  • Copia actualizada da Tarxeta de Demandante de Emprego
  • Volante de empadroamento expedido pola Oficina de Estadística do Concello de Ferrol
  • Informe de períodos de inscrición emitido pola Oficina de Emprego Ferrol-Centro
  • Acreditación do nivel de formativo
  • Currículum vitae.

Información: Centro de Emprego-Concello de Ferrol, Rúa Sagrada Familia nº 56. 15405 Ferrol.

Tfno: 981944195.

http://www.ferrol.es/emprego

http://www.ferrol.es/puntodeemprego

“Ferrol punto de emprego II”: PEIXARÍA

logoConcello

Esta entrada foi publicada en Emprego e emprendemento. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s