Seminario “Achégate a Emprender” o día 19 de maio de 2014 no Centro de Emprego.

Co obxectivo de promover a cultura emprendedora, o Concello de Ferrol organiza este seminario xunto coa Deputación Provincial da Coruña e coa colaboración de AJE Ferrolterra. As prazas son limitadas.

Este seminario está dirixido á promoción da cultura emprendedora entre a poboación en xeral, pero especialmente entre aquelas persoas en situación de desemprego. Configurase como unha formación inicial para aquelas persoas que poidan estar interesadas na creación do seu propio posto de traballo, e terá continuidade noutras accións formativas máis avanzadas.

Comezará ás 10,30 horas do luns 19 de maio de 2014, e terá unha duración de dúas horas e media. Na primeira parte traballarase sobre cuestións a ter en conta á hora de iniciar unha actividade por conta propia, e nunha segunda parte as persoas asistentes terán a posibilidade de coñecer casos reais coa participación de empresarios asociados a AJE Ferrolterra.

Este seminario terá un formato reducido, só vintecinco prazas, para que se poda desenvolver dun xeito máis participativo e dinámico.

Máis información e inscricións en:

http://www.ferrol.es/Emprego/

emprego@ferrol.es

 

logo

Estas entrada foi publicada en Emprego e emprendemento, Uncategorized coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s