Con esta Xornada, o GDR Asociación Costa Noroeste, que xestiona
o Programa Leader Galicia 2007-2013, quere sensibilizar a conciencia
colectiva, respecto do relevante papel que desempeñan os
montes nas nosas vidas e no noso territorio, así como constatar a
necesidade dunha actuación coordinada e colaboradora entre as
Administracións, os propietarios e as empresas que actúan nel.
Pretendemos sinalar as vantaxes e oportunidades do aproveitamento
sostible do monte, facendo compatibles as súas tres funcións
básicas:
· A función ecolóxica, de regulación do ciclo da auga, freo da
erosión e salvagarda da biodiversidade.
· A función económica de aproveitamentos, en todas as súas facetas
· A función social de propiciar asentamentos de poboación e
mellora das rendas das familias.
T: 981 333 398
e-mail: info@costanoroeste.org