O SERVIZO DE ADOPCIÓN DO REFUXIO DE ANIMAIS DE MOUGÁ ENTREGA OS EXEMPLARES AOS SEUS NOVOS PROPIETARIOS COMPLETAMENTE DESPARASITADOS E VACINADOS

Estas instalacións funcionan de maneira mancomunada

·         As persoas interesadas en adoptar teñen a súa disposición o número de teléfono: 619 043 347; e tamén poden consultar para informase de como é o proceso a páxina web: http://www.comarcaferrolterra.es

·         O refuxio de Mougá tamén desenvolve unha importante labor na denuncia de abandono animal, iniciando durante o pasado ano un total de 38 expedientes por estes feitos.

·         Cómpre lembrar que a identificación de mascotas é obrigatoria sen excepción e que está subvencionada nun 50% no caso de animais adoptados.

Ferrol, 22 de xaneiro de 2015.- O servizo de adopción do refuxio de animais de Mougá entrega os exemplares aos seus novos donos completamente desparasitados e vacinados. As persoas interesadas en adoptar calquera dos animais que se atopan nestas instalacións deben chamar ao número de teléfono móbill: 619 043 347; ou ben consultar a páxina web: www.comarcaferrolterra.es. Hai que sinalar que a identificación de mascotas é obrigatoria sen excepción e que está subvencionada nun 50% no caso de animais adoptados.

Así mesmo, o refuxio de Mougá tamén ven desenvolvendo unha importante labor na denuncia de abandono de animais. Así, as instalacións mancomunadas tramitaron un total de 38 expedientes por abandono durante o pasado ano 2014, dos cales unha vintena remataron coa interposición da correspondente denuncia.

Esta entrada foi publicada en A Mancomunidade na prensa. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s