Presentación do destino turístico Ferrolterra. Venres 15/01/2016 Centro Torrente Ballester

Este venres día 15 de xaneiro ás 11:30, no auditorio municipal Centro Torrente Ballester (Rúa Concepción Arenal s/n), terá lugar un acto público para a presentación das actuacións realizadas ao longo do ano 2015 para a promoción do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas.

As actuacións que se presentarán, realizadas, por unha banda, a través dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Mancomunidade, e, por outra banda, mediante subvencións específicas da Deputación da Coruña, son as seguintes:

  • Coordinación do Plan de Promoción Turística.
  • Blogtrip de Turismo Industrial.
  • Revisión e reimpresión de material.
  • Formación en TICs nas empresas turísticas.
  • Elaboración e impresión de guía de turismo ornitolóxico.
  • Deseño e impresión de despregable informativo do Xeoparque do Cabo Ortegal.
  • Configuración e promoción da oferta de Turismo Slow.
  • Desenvolvemento dun produto turístico de Surf sustentable.
  • Aplicación turística para móbiles do destino Ferrolterra.
  • Guía turística “As Paisaxes Fortificadas das Rías Altas”.

O acto está especial

mente dirixido aos profesionais do sector turístico, así como aos representantes e técnicos das administracións que participaron no seu desenvolvemento.Todo logos horizontal Deputacion_2013

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s