Segunda sesión obradoiro Transición Á Vida Independente

(Remitido por a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas.)

O próximo día 14, xoves imos a levar a cabo a segunda sesión do Obradoiro de Transición á Vida Independente no que se dará a información necesaria para tramitar a Asistencia Persoal, así como unha maneira de planificar as tarefas do/a Asistente Persoal.
Contaremos coa presencia dun membro do Foro de Vida Independente, Kiko Fernández Mugico, que dispón da axuda de Asistente Persoal e que nos explicará o procedemento.
Tamén contaremos cunha traballadora ou traballador social que será quen informe dos trámites e xestións que hai que seguir para solicitar a axuda.
Poñeremos un corto sobre a Asistencia Persoal e farase un coloquio para poder responder a tódalas dúbidas que poida haber.

A invitación e o cartel do evento están nos seguintes documentos:

invitacion firmada

Cartel Obradoiro. segunda sesión

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Entidades, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario