CURSO DE MONITORES DE SURF DE NIVEL 2

As prazas condédense por orde de inscrición e o prazo para inscribirse ábrese o próximo luns día 28 ás 8:00

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrecerá un curso de monitores de surf de nivel 2 a persoas empadroadas en calquera dos 21 concellos integrantes no Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas. Esta iniciativa forma parte da aposta por desenvolver o turismo activo no territorio, aproveitando a visibilidade internacional do surf para crear emprego arredor deste deporte e do resto de actividades implantadas no territorio (Kayak, rutas a cabalo, windsurf… e un longo etcétera detallado na web activo365.ferrolterra.gal ). O curso a impartir, coa denominación “ENTRENADOR NACIONAL EN SURFING NIVEL II (TDII)”, encóntrase regulado na Resolución de 7 de febrero de 2012, de la Presidencia del Consejo Superior de Deportes, por la que se publica el plan formativo de la modalidad deportiva de surf (BOE 28/02/2012), e resulta necesario para a creación e mellora da calidade das escolas de surf do territorio. O obxectivo é distinguir a Costa das Ondas como marca de calidade, non só polas características únicas das súas praias, senón tamén polo nivel dos profesionais que ofrecen actividades nelas.

As persoas interesadas deben inscribirse na web da Federación Galega de Surf www.fgsurf.org a partir do luns 28 de outubro ás 8:00 da mañá, e cumprir os requisitos que se especifican nesta web. O prazo de inscrición remata o mércores 30 de outubro e as prazas serán outorgadas por rigoroso orde de inscrición. O curso é gratuíto a excepción do importe das probas de acceso, que é reembolsable.

Deputacion_2013

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s