Curso gratuíto de monitores de surf para persoas empadroadas nos concellos de Ferrolterra-Rías Altas

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña organiza un curso de monitores de surf impartido pola Federación Galega de Surf.

O curso, conducente á obtención do título oficial “Entrenador Nacional en Surfing Nivel I” desenvolverase en Valdoviño en outubro e novembro deste ano e conta cun total de 12 prazas gratuítas reservadas a persoas empadronadas en calquera dos 21 concellos que compoñen o destino turístico Ferrolterra-Rías Altas  (Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior).

A inscrición poderá realizarse  entre o luns día 5 de outubro ás 8:00 e o xoves 8 de outubro ás 12:00 no formulario dispoñible na web da Federación Galega de Surf ou no seguinte enlace:

https://forms.gle/2BM7LZZ2TqMdEH4v7

As prazas asignaranse por rigoroso orde de inscrición, e estarán condicionadas á superación dunha proba de acceso.

O obxecto desta iniciativa é continuar desenvolvendo os servizos turísticos relacionados co surf coa finalidade de xerar emprego e continuar consolidando a marca turística Costa das Ondas como destino sostible, no que ademais de dispoñer dun medio natural excepcional, cóntase cunha oferta profesional de calidade.

Pódese a ampliar a información na web da Federación Galega de Surf http://www.fgsurf.org/

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s