ENCONTRO PARA A CREACIÓN DUN SISTEMA DE VENDA CRUZADA PARA SERVIZOS TURÍSTICOS ESTE XOVES 6 DE MAIO ÁS 17:00 NO ANTIGO HOSPICIO DE FERROL

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña fai un chamamento a todas as empresas turísticas e en especial de turismo activo que ofrezan actividades dentro do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas para que se informen sobre a nova ferramenta de comercialización online que desde a Mancomunidade se lles oferta. É por iso, que, mañá xoves día 6 de maio, terá lugar un encontro no Antigo Hospicio de Ferrol, coa posibilidade de asistencia telemática. Será as 17.00 horas e prégase confirmación de asistencia a través do formulario dispoñible no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1raJmKu_PLA5ip0qvSW7_8KOUu5QcTrbeB1Wm6OxlZEI/viewform?edit_requested=true

A información e o formulario de inscrición encóntranse tamén dispoñibles na web da Mancomunidade comarcaferrolterra.es ou ben a través do teléfono 981944000 ext. 378 e o e-mail mancomunidade@ferrol.es

Nestes novos tempos a relevancia da tecnoloxía e da comercialización online resulta tremendamente importante para as empresas, por iso desde a Mancomunidade de Ferrol queremos axudar a todas as empresas de turismo activo de maneira directa, e por iso se vén de adquirir unha ferramenta que permite que todas estas empresas poidan ofertar as súas actividades dentro das súas webs, das dos aloxamentos que queiran colaborar e dentro das propias webs de difusión do xeodestino.

Poñer en marcha un sistema destas características para unha empresa tería un custo dificilmente asumible, por iso quérese unificar forzas e aportarlles ás empresas a posibilidade de contar cunha ferramenta de venda online onde os visitantes de Ferrolterra-Rías Altas poderán reservar unha actividade antes de chegar, coa seguridade de que se vai realizar e co pago previo da mesma.

A plataforma tecnolóxica que a Mancomunidade xestionará, poderá cubrir todas as necesidades de comercialización, cobros, comisións, bonos, descontos, etc. Ademais de dar unha moi boa resposta á xestión en mobilidade das actividades por parte das empresas de ocio.

O obxectivo que persegue a Mancomunidade é colaborar coas empresas do sector na súa adaptación aos novos tempos que nos toca vivir, dando un paso adiante na incorporación das novas tecnoloxías e tamén tentando mellorar a economía do sector coa introdución dun novo sistema de comercialización sen presenza física. Con todo isto preténdese crear un produto turístico máis potente, máis variado e con maiores posibilidades, que ofrecerá ao turista unha experiencia máis enriquecedora e satisfactoria. Para este proxecto é importante a colaboración entre os/as empresarios/as da comarca, co fin de que o turista contrate máis servizos para así ofrecerlle motivos para pasar máis tempo entre nós, nas nosas comarcas.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s