O día 18/06/2021 a Presidencia desta Mancomunidade aprobou as bases específicas que rexerán a convocatoria do curso de formación para a obtención do certificado de profesionalidade de socorrismo en medios acuáticos naturais.
As bases íntegras do proceso selectivo encóntranse publicadas no taboleiro da web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol www.comarcaferrolterra.es
A presentación de instancias realizarase no rexistro electrónico da Mancomunidade (mancomunidade@ferrol.es) conforme ao modelo que figura como Anexo I, no prazo de oito días naturais dende a publicación do anuncio no BOP da Coruña.