para a transición da vida académica á laboral
O Programa Xuventude Mentoring é un programa pioneiro de formación e mentoría impulsado dende a Xunta de Galicia co obxectivo de favorecer a transición á vida laboral das
persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.
O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias, desde a educación non formal, para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea.
As persoas mozas participantes contarán co contacto dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que lles ofrecerán asesoramento e apoio.
É necesario estar inscrito no Programa de Garantía Xuvenil
https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
QUE OFRECE O PROGRAMA??
Un programa integral con 4 grandes bloques de accións que se desenvolverán
entre setembro e decembro de 2021:
I. Traballo con persoas mentoras:
asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora.
Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma
presencial ou telemática.
II. Actividades formativas:
de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o futuro desenvolvemento profesional da persoa moza.
III. Asistencia a eventos e visitas a empresas para mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
IV. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.
Inscrición: https://xuventudementoring.cixug.gal/incr-mentoring/
Máis informaciónhttps://xportal.cixug.gal/
Servizo Orientación Laboral Mancomunidade Ferrolterra