Curso de monitor de surf nivel I (presentación de instancias ata o xoves 2 de setembro)

A formación de monitores de surf resulta esencial para o desenvolvemento turístico do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas que a Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol promociona.

Por este motivo solicitouse e obtívose unha axuda da Deputación da Coruña mediante o Programa de subvencións dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas (DP0030) do ano 2021 para un plan de mellora do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas no que se inclúe expresamente esta acción formativa.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña e por medio da Federación Galega de Surf convoca un curso de formación para a obtención da titulación oficial de adestrador nacional en surfing nivel I, ao abeiro da Resolución de 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan formativo da modalidade deportiva de surf (B.O.E. de 28/02/2012), que conta cun total de 12 prazas.

As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o 2 de setembro para presentar as súas instancias, de acordo co modelo e bases que se encontran publicados no taboleiro de anuncios desta web.

Deberán cumprir os requisitos que se detallan nas bases, entre eles estaren empadroadas en calquera dos 21 concellos que forman parte do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

Para máis información, pode consultarse taboleiro de anuncios desta web.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s