As instancias coa documentación correspondente deberán presentarse por rexistro no prazo de oito días naturais dende a publicación no BOP da Coruña (ÚLTIMO DÍA LUNS 21 DE MARZO)
O día 10/03/2022 a Presidencia desta Mancomunidade aprobou as bases específicas que rexerán a convocatoria do curso de formación para a obtención do certificado de profesionalidade de socorrismo en medios acuáticos naturais.
As bases íntegras do proceso selectivo encóntranse publicadas na web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol www.comarcaferrolterra.es
A presentación de instancias realizarase segundo se especifica nas bases conforme ao modelo que figura como Anexo I, no prazo de oito días naturais dende a publicación das presentes bases no BOP da Coruña.
Máis información e anuncios relacionados con este proceso no taboleiro de anuncios