
A Secretaría Xeral da Emigración convoca 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega.
INSCRICIÓNS:
Ata o 28/04/2023
REQUISITOS:
a) Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no momento da presentación da solicitude:
- Ser menor de 40 anos
- Estar en posesión da nacionalidade española
- Residir fóra de España
- Acreditar un mínimo de 2 anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude
- Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:
- – Ser emigrante nacido/a en Galicia
- – Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar
- – Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro
- Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario
- No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego.
b) Requisito que se deberá cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:
- Estar matriculado/a no curso 2023/24 nun máster universitario dos ofertados na convocatoria e sinalados no anexo I, dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial
REMUNERACIÓN / CUSTO:
A dotación total da bolsa para realizar o máster nunha universidade galega será a seguinte, segundo a súa duración e o país de procedencia do/da solicitante:
– 60-72 créditos ECTS
- Europa: 7.500 €
- Resto de países: 8.000 €
– 90 créditos ECTS
- Europa: 11.250 €
- Resto de países 12.000 €
PÁXINA WEB:
CONTACTO:
Secretaria Xeral da Emigración. Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno
Basquiños, 2 (15704 – Santiago de Compostela)
Tel.: 981 547 271 – 981 957 162
correo-e: beme.emigracion@xunta.gal
Publicación: DOG 02-02-2023
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR911A
Con este programa de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración ofértalles ás persoas galegas universitarias residentes no estranxeiro a posibilidade de adquiriren unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito.
Os másteres ofertados seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos, así como o da información e coñecemento de Galicia.
SOLICITUDES: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.xunta.gal