Bolsas Máster Iberdrola España, 2023

Iberdrola España presenta a súa convocatoria de Bolsas para Estudos de Máster curso 2023-2024, para contribuír á excelencia na formación da mocidade, dotándoos dun alto grao de cualificación que lles facilite o acceso ao primeiro emprego.

INSCRICIÓNS:

Ata o 31/03/2023

REQUISITOS:

  • Estudantes con nacionalidade española ou residentes en España.
  • Estar en posesión dun título universitario recoñecido de grao ou licenciatura. No caso de que o solicitante estea cursando o último ano de carreira no curso 2022-2023, a concesión da bolsa quedará condicionada á obtención do título universitario na convocatoria de xuño/xullo de 2023.
  • Non se admitirán solicitudes nas que se acrediten estudos de diplomatura, enxeñaría ou arquitectura técnicas.
  • Acreditar un excelente coñecemento de inglés mediante a presentación dun certificado de recoñecido prestixio.
  • Non percibir remuneración económica ou salarial nin ser beneficiario de ningunha bolsa, axuda económica ou calquera outra asignación de similar natureza de institucións e fundacións públicas ou privadas, durante o período de goce da bolsa
  • Non prestar servizos nin manter vinculación laboral, en prácticas, formación ou de calquera outra natureza, con outras entidades, pública ou privadas, durante o período de goce da bolsa.
  • Non ser beneficiarios das Bolsas Fundación Iberdrola España e Bolsas Máster Iberdrola España en antigas convocatorias.

REMUNERACIÓN / CUSTO:

  • Matrícula na universidade ou centro de ensino superior de España, Reino Unido ou Estados Unidos.
  • Dotación:
    • – para máster en España: 10.800 € anuais para gastos de transporte e aloxamento
    • – para máster en Reino Unido: 18.960 € anuais para gastos de transporte e aloxamento
    • – para máster en Estados Unidos: 24.000 € anuais para gastos de transporte e aloxamento.
  • Seguro de enfermidade e accidentes
  • Bolsa de viaxe de 1.500 €

PÁXINA WEB:

www.iberdrola.com

CONTACTO:

Iberdrola España.

Rúa Menorca 19 (46023 – Valencia)

correo-e: programa.becas.iberdrola@iberdrola.es

www.facebook.com/iberdrola

Iberdrola España convoca bolsas para o curso académico 2023-2024 para realizar estudos de posgrao en diferentes universidades nas seguintes áreas de coñecemento:

  • Enxeñaría
  • Informática
  • Matemáticas, Big Data
  • Ciberseguridade
  • Tecnoloxías da Información e a Comunicación
  • Administración de Empresas
  • Márketing Dixital

As bolsas están dirixidas á realización de estudos incluídos nos campus de excelencia, de ámbito nacional ou internacional, valorándose especialmente os das seguintes universidades:

  • Universidade Pontificia de Comillas
  • Universidade Carlos III de Madrid
  • Universidade Politécnica de Madrid
  • Universidade do País Vasco
  • Universidade Politécnica de Valencia
  • Universidade de Salamanca
  • University of Edinburgh
  • University of Stratchclyde
  • Imperial College London
  • University of Rochester
  • University of Connecticut
Esta entrada foi publicada en Orientación Laboral e Formación. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s