Cooperativismo

EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA

AUTOESCOLA COOPERATIVA

RUTA 24&COFEPA

coop cofepa imagenCOOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO

  • A súa historia:

No ano 1974 un grupo de catro Mestres de autoescola que estaban a traballar noutras empresas xuntaron-se con outros tres socios máis para poder formar unha cooperativa.

 A apertura de novas autoescolas estaba sometida a un circulo pechado, algo semellante á concesión de farmacias; a figura do director era imprescindible para poder abrir.

Será no ano 1977 cando a cooperativa adquira a autoescola “La Moderna “ que levaba funcionando dende o ano 1964 e onde todos os empregados quixeron pasar a formar parte da cooperativa como socios, incluído o seu antigo propietario, así pois todos pasan a ser Autoescola COFEPA.

Unha vez adquirida a autorización de Cofepa, logo dunha longa espera para poder comenzar, esta consigue arrancar con 10 socios fundadores.Con moitos esforzos fundan Cofepa 01, e grazas o seu empreño e dedicación no ano 1981 adquiren a “Autoescola Salido” no Concello de Narón, onde  crearán a sección 02.

Durante anos pasaron bos e malos momentos dentro da empresa, pero grazas a dedicación por parte dos socios da cooperativa chegouse as 18 persoas entre socios e asalariados. Os socios se foron xubilando despois de 40 anos traballados por e para a cooperativa. No ano 2010 quedan 3 socios en Cofepa e logo de pasar por un par de anos duros para todo o mundo, admitiron-se novos socios que xa estaban traballando dentro da cooperativa, como empregado e como colaboradores noutra autoescola “Ruta 24”. Durante este tempo moitas autoescolas pecharon, pero grazas a dous dos antigos socios a cooperativa renovou-se con novos socios.

O último dos socios fundadores xubilase no ano 2012, logo de 38 anos traballados na cooperativa.

  • O seu presente:

No ano 2014 será cando se absorbe por parte da cooperativa a autoescola “Ruta 24”, creando así a sección 03 e mudando de nome comercial a “Ruta 24-Cofepa”.

A Cooperativa Cofepa foi a primeira cooperativa de traballo asociado vinculada ao mundo das autoescolas en España xa que existía outra pero non era de traballo asociado.Co paso dos anos logrou saír adiante en tempos de crise e incluso foi capaz de facer mudar tres empresas que eran sociedades limitadas: La Moderna 1964, Autoescola Salido 1981 e Formación Vial Ruta 24 no ano 2014, para xuntar forzas , ilusións e traballo duro en torno ao cooperativismo.

  • O futuro:

Coa súa dedicación esperan que a cooperativa creza en número de socios e de empregados e aspiran a que nestes tempos difíciles se xunten forzas entre todas as empresas sociais polo ben común.

COOPERAR É PROSPERAR! Creemos sinerxías e hoxe máis ca nunca neste modelo de traballo.

Ferrol-Sección 01                           Narón-Sección02                             Ferrol-Sección03

C/Catalunya 12 Bajo                   Estrada de Castela 861                 C/Españoleto 5-7 Entlo

Tlfno: 981 311480                         Tlfno:981 382921                              Tlfno:981 371389

 

CONTACTO:          Rúa Sagrada Familia nº56 Ferrol

Puntos de atención:    Cedeira e Fene  os Luns                    

Técnica da oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade:

e-mail: dregueiro@ferrol.es                 Tlf:  981944000 ext 692         981944195

                               Dolores Regueiro                       móbil   698 107 176

       Facebook aqui

Logos_Eusumo


 

EXPERIENCIAS COOPERATIVAS FERROLTERRA

Para poñer en valor o cooperativismo queremos contar coas cooperativas da comarca como exemplo de empresas consolidadas e xeradoras de riqueza económica e social.

cabeza

  • Debemos reforzar a identidade das empresas cooperativas e axudar a identificalas, que poidan incrementar a visibilidade dos seus produtos e servizos cooperativos. Ademais pode axudar a colaboración entre as cooperativas, xa que é moi importante porque permite optimizar resultados e recursos.

  • As persoas cando consuman marca cooperativa estarán a mercar produtos e servizos realizados baixo un modelo igualitario, democrático e solidario, que cumpre cos valores do cooperativismo. Pero ademais mercarán uns produtos e servizos de calidade e intimamente vinculados coa súa comunidade, produtos galegos de alta gama e de gran valor social.

  • Para conseguir a marca cooperativa debemos demostrar esa identidade diferencial: que teñen mecanismos de participación, compromiso coa comunidade na que se insiren e uns criterios de calidade e desenvolvemento sostible desde os ámbitos social, económico e ambiental.

En breve compartiremos a historia de unha das cooperativas da comarca.

CONTACTO:         Rúa Sagrada Familia nº56 Ferrol

Puntos de atención:    Cedeira e Fene  os Luns                    

Técnica da oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade:

                  e-mail: dregueiro@ferrol.es                 Tlf:  981944000 ext 692         981944195

                               Dolores Regueiro                       móbil   698 107 176

Logos_Eusumo

 2015

IDENTIDADE COOPERATIVA

Que se recoñeza esta forma de facer empresa, cuns valores e uns principios que poñen no centro as persoas.eusumo logo valO importante é conseguir unha diferenciación respecto das outras tipoloxías empresariais para mellorar a visibilidade das cooperativas entre o público en xeral. Que se recoñeza esta forma de facer empresa, cuns valores e uns principios que poñen no centro as persoas.

Hai que captar o interese do público en xeral e orientar os consumidores e as consumidoras responsables, que cada vez son máis, dándolles a coñecer os produtos e servizos das cooperativas.

A nivel mundial, existe o distintivo da Alianza Cooperativa Internacional, que comparte con nós a estratexia da necesaria visibilización e recoñecemento social.

Seguiremos compartindo temas cooperativos .

CONTACTO                 Rúa Sagrada Familia nº56 Ferrol

Puntos de atención:    Cedeira e Fene  os Luns                    

Técnica da oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade:

                  e-mail: dregueiro@ferrol.es                 Tlf:  981944000 ext 692         981944195

                               Dolores Regueiro                       móbil   698 107 176

Logos_Eusumo

ONDE PRIMAN AS PERSOAS É A COOPERATIVA

images coopOs que compartíchedes con nós a Xornada Cooperamos! xa tivéstedes ocasión de saber de nós. Para todos os demais chegou o momento de facer as presentacións :

  • QUEN SOMOS?

Dende a oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, como entidade colaboradora da Rede Eusumo realizamos actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, mediante o estímulo do autoemprego e emprendemento cooperativo e o apoio á xeración de novos proxectos.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Feitas as presentacións comentar que podedes contar connosco para todo o relacionado co mundo cooperativo dende que aparece a idea pasando por todos os trámites necesarios para a constitución da cooperativa . Acompañarémoste e asesorarémoste no proxecto cooperativo, avantaxes fiscais, subvencións e outros temas que te poidan beneficiar. En todo o relacionado coa formación cooperativa: xornadas, obradoiros, cursos e charlas para coñecer o proceso da cooperativa.

  • CON QUEN CONTAMOS

Queremos contar coas cooperativas da Comarca como exemplo de empresas consolidadas e xeradoras de riqueza económica e social, irémolas descubrindo e contando as súas experiencias.

Contaremos coas cooperativas a nivel autonómico e estatal.

Conteremos con vós , coas vosas inquietudes e temas de interese.

Esperamos que sigades atentos a este espazo onde todos xuntos compartiremos os temas cooperativos.

  • CONTACTO                Rúa Sagrada Familia nº56 Ferrol       

     Puntos de atención:    Fene e Cedeira os Luns                    

    Técnica da oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade:

                      e-mail: dregueiro@ferrol.es                 Tlf:  981944000 ext 692         981944195

                               Dolores Regueiro                           móbil 698 107 176

Logos_Eusumo

COOPERAMOS! Encontro para o intercambio e visibilización de boas prácticas cooperativas

Cooperativa do Val, Narón / Venres 7 de novembro

Coñece a fórmula cooperativa a través de experiencias na túa comarca e en Galicia, neste evento que inclúe visitas as instalacións cooperativas e a oportunidade de conversar con emprendedoras e emprendedores cooperativos.

A xornada presencial desenvólvese na mañá e tarde do venres 7 de novembro e complétase cun programa de teleformación.

A Xornada COOPERAMOS! enmárcase no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.
 

PROGRAMA

Venres 7 de novembro de 2014
9.00- 9.15 Apertura
9.15-9.45 Presentación dos Centros da Rede Eusumo da Comarca
Mercedes Gómez
Dolores Regueiro
9.45- 10.30 A fórmula cooperativa: vantaxes, desvantaxes, problemática e solucións
Tino Gago
Ugacota
10.30-11.15 Como motivar aos equipos cooperativos, xerar colaboracións e promover sinerxias?
Ana Lorenzo
Cidadanía
11.15-11.45 Descanso
11.45 a 12.45 Experiencias e boas prácticas cooperativas
Belén Fernández, representante da Cooperativa Chip e Chop
Representante de Cofepa
José Manuel Castro Leirachá, xerente da Cooperativa do Val
12.45 a 13.45 Visita polas das instalacións da Cooperativa do Val, Fundación e Viveiros
16.00 a 17.00 Motivación para o emprendemento: creación de colectivos asociativos e cooperativos
Paula Rodríguez de Terra Rendible
María Eugenia Méndez Díaz, xerente da Fundación Terra de Trasancos
Raquel Doallo, socia-traballadora de Cestola na cachola
17.00 a 17.15 Presentación do curso online Emprendemento cooperativo: un curso para todas as persoas inscritas no Encontro
A desenvolver a partir do 8 de novembro.
17.15 a 17.30 Descanso
 
17.30 a 18.30 As nosas sinerxías: Cooperativismo, economía social e tecnoloxías colaborativas. Mesa redonda
Mar Pernas, xerente de UGACOTA
Leticia Jorge , xerente AESGAL
Luis Alberto Fernández , xerente AGASOL

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

 

LOPD

Dacordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle de que os seus datos atópanse almacenados nun ficheiro declarado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol ante o Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos coa finalidade de xestionar a súa inscrición na xornada COOPERAMOS!
Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos, remitindo a súa solicitude á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, situada no Pazo Municipal de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402 Ferrol (A Coruña). Ou ben mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: lalcala@ferrol.es
 

MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO

Técnica da oficina local de fomento cooperativo da Mancomunidade. Tlf.: 981944000 ext. 692 . e-mail: dregueiro@ferrol.es

 

Logos_Eusumo

1 Response to Cooperativismo

  1. Pingback: La Mancomunidad traducirá gratuitamente a varios idiomas los menús de los hosteleros | Ferrol360

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s