Obradoiros de emprendemento e negocio turístico

Todo logos horizontal

Debido á necesidade de pechar con maior claridade as xornadas adicadas aos obradoiros de emprendemento e creación de negocio turístico, acordamos programar un último encontro de ditos obradoiros.

Esta última xornada terá lugar, novamente, na Casa da Cultura de San Sadurniño o vindeiro día 09 de decembro de 10:30 a 14:00.

Será unha xornada conxunta na que nos atoparemos todos os asistentes ás xornadas levadas a cabo anteriormente durante outubro e novembro.

Emprega o seguinte formulario de inscrición para confirmar a túa asistencia, a ser posible, antes do sábado 6 de decembro.

Lembrar que a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, como entidade coordinadora do Convenio para a promoción turística do xeodestino Ferrolterra, convoca estes Adestramentos Colaborativos enmarcados na liña da formación dinamizadora incluída no plan de actuacións 2014.

No Adestramento Colaborativo destinado a empresarios, técnicos de turismo, AEDLs ou persoal doutras áreas vinculadas coa actividade turística, traballaranse os seguintes aspectos:
•    Traballo en rede.
Sensibilización e formación entorno á creación de redes como mecanismo de diferenciación, mellora competitiva e identificación de oportunidades estratéxicas para o sector.

•    Innovación colaborativa.
Sensibilización e formación para fomentar a creatividade como mecanismo fundamental para xerar un produto turístico máis forte, diversificar os servizos turísticos e analizar as tendencias do mercado para dar resposta a través dun produto diferenciador.

•    Configuración de produtos colaborativos.
Sensibilización e formación entorno ao proceso de deseño, configuración e posta en marcha de produtos turísticos colaborativos, como resultado final dos procesos anteriores (colaboración empresarial e creación de produto innovador).

•    Detección de oportunidades de negocio.

•    Proposta de liñas actuación para futuros convenios entre a Mancomunidade e Axencia de Turismo de Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s