Territorio de Emprego 2013-2014

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, xunto cos concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira, puxo en marcha no mes de novembro o Programa Integrado para o Emprego “Territorio de Emprego 2013-2014” que se prolongará ata outubro de 2014. Esta iniciativa enmárcase nas liñas de actuación da entidade que promoven a cohesión dos concellos, a optimización de recursos materiais e humanos, o fomento da creación de emprego e o desenvolvemento do territorio.

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar, dentro das medidas activas de emprego dirixidas a inserción laboral das persoas en situación de desemprego a través dun tratamento integral.

O obxectivo do Programa “Territorio de Emprego 2013-2014” é proporcionarlle ós participantes os instrumentos necesarios que lles permitan fortalecer e desenvolver as suas habilidades  profesionais coa finalidade de insertarlos laboralmente. Para todo isto combinará accións de diversa natureza, como: orientación e asesoramento na busca de emprego, formación, asesoramento para o autoemprego, prácticas laborais, mobilidade xeográfica, prospección de empresas e intermediación laboral.

Os colectivos ós que se dirixe a iniciativa son os seguintes:

  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en risco de exclusión social.
  • Mulleres desempregadas vítimas de violencia doméstica.
  • Mulleres.
  • Menores de 30 anos.
  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas inmigrantes.

Territorio de Emprego 2013-2014 ten a súa sede en Narón no Centro de Formación Irmás Froilaz,  Avda. do Mar 115 (A Gándara), 15570 Narón (A Coruña).

Tlf.: 981 33 31 35

Se o desexa, tamén pode dirixir unha mensaxe á Mancomunidade a través do seguinte formulario:

Faldon_PIPE-v_02_03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s