A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa participación dos concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira, puxo en marcha no mes de setembro o Programa Integrado para o Emprego “Territorio de Emprego 2015-2016” que se prolongará ata agosto de 2016.
Esta iniciativa enmárcase nas liñas de actuación da entidade que promoven a cohesión dos concellos, a optimización de recursos materiais e humanos, o fomento da creación de emprego e o desenvolvemento do territorio.
Qué son os Programas Integrados?
Trátase dunha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar, dentro das medidas activas de emprego dirixidas á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas en situación de desemprego a través dun tratamento integral. Combinando accións de diversa natureza, como:
- Orientación, información e asesoramento na busca de emprego.
- Formación para o emprego e formación transversal en temas de novas tecnoloxías e idiomas.
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación.
- Habilidades sociolaborais e obradoiros prácticos.
- Fomento da capacidade emprendedora e asesoramento.
- Prácticas profesionais non laborais.
- Prospección de empresas.
- Intermediación laboral.
- Fomento da mobilidade laboral.
Obxectivos?
- Mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral dos participantes.
- Orientar e preparar aos participantes de cara aos actuais nichos de emprego.
- Convertirse en punto de referencia para as empresas na procura de candidatos.
- Posta en coñecemento das empresas do potencial e cualificación dos demandantes de emprego.
Requisitos de participación
Persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, pertencentes aos seguintes colectivos:
- Persoas con discapacidade.
- Persoas en risco de exclusión social.
- Mulleres desempregadas vítimas de violencia doméstica.
- Menores de 30 anos.
- Menores de 30 anos de baixa cualificación.
- Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
- Persoas desempregadas beneficiarias da axuda do Programa de recualificación profesional (PREPARA).
- Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á publicación desta orde.
- Mulleres.
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas inmigrantes.
Vantaxes para as empresas
- Ampla variedade de perfís profesionais.
- Proceso de preselección dos perfís que máis se axusten á oferta.
- Axilidade de resposta ao dispoñer do perfil de cada un dos integrantes dos programas.
- Dispoñibilidade de demandantes cunha gran predisposición a incorporarse ao mercado laboral.
- Posibilidade de tramitación de prácticas en empresas.
Vantaxes para as persoas desempregadas
- Asesoramento e orientación laboral individualizada.
- Ampla oferta formativa.
- Acompañamento no proceso de busca de emprego.
- Preparación para a superación de procesos selectivos.
- Prospección de empresas.
- Asesoramento e acompañamento cara ao autoemprego.
- Prácticas non laborais en empresas.
Contacto sede principal:
Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz Avd. do Mar 112, 15570 – Narón Tlf.: 981 333 135 / Móbil: 670 304 224 e-mail: csequeiro@ferrol.es http://www.comarcaferrolterra.esSe o desexa, tamén pode dirixir unha mensaxe á Mancomunidade a través do seguinte formulario: