Territorio de Emprego 2016-2017

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa participación dos concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira, puxo en marcha no mes de setembro o Programa Integrado para o Emprego “Territorio de Emprego 2016-2017” que se prolongará ata agosto de 2017.

Esta iniciativa enmárcase nas liñas de actuación da entidade que promoven a cohesión dos concellos, a optimización de recursos materiais e humanos, o fomento da creación de emprego e o desenvolvemento do territorio.

Qué son os Programas Integrados?

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro das medidas activas de emprego dirixidas á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego facilitándolle as ditas persoas os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, os active laboralmente e lles proporcione competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral. Combinando accións de diversa natureza, como:

  • Orientación, información e asesoramento na busca de emprego.
  • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca
    de emprego, tanto por conta propia como allea.
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  • Fomento da capacidade emprendedora e asesoramento.
  • Prospección de empresas.
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego
  • Formación para o emprego.
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas.
  • Intermediación laboral.
  • Fomento da mobilidade laboral.
  • Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral
    das persoas demandantes de emprego.

Obxectivos?

  • Mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral dos participantes.
  • Orientar e preparar aos participantes de cara aos actuais nichos de emprego.
  • Convertirse en punto de referencia para as empresas na procura de candidatos.
  • Posta en coñecemento das empresas do potencial e cualificación dos demandantes de emprego.

Requisitos de participación

Persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, pertencentes aos seguintes colectivos:

  • Persoas con discapacidade.
  • Persoas en risco de exclusión social.
  • Mulleres desempregadas vítimas de violencia doméstica.
  • Menores de 30 anos.
  • Menores de 30 anos de baixa cualificación.
  • Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
  • Persoas desempregadas beneficiarias da axuda do Programa de recualificación profesional (PREPARA).
  • Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á publicación desta orde.
  • Mulleres.
  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Persoas inmigrantes.

Vantaxes para as empresas

  • Ampla variedade de perfís profesionais.
  • Proceso de preselección dos perfís que máis se axusten á oferta.
  • Axilidade de resposta ao dispoñer do perfil de cada un dos integrantes dos programas.
  • Dispoñibilidade de demandantes cunha gran predisposición a incorporarse ao mercado laboral.
  • Posibilidade de tramitación de prácticas en empresas.

Vantaxes para as persoas desempregadas

  • Asesoramento e orientación laboral individualizada.
  • Ampla oferta formativa.
  • Acompañamento no proceso de busca de emprego.
  • Preparación para a superación de procesos selectivos.
  • Prospección de empresas.
  • Asesoramento e acompañamento cara ao autoemprego.
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas.

Contacto sede principal:

Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz
Avd. do Mar 112, 15570 – Narón
Tlf.: 981 333 135 / Móbil: 670 304 224
e-mail: csequeiro@ferrol.es
http://www.comarcaferrolterra.es

Se o desexa, tamén pode dirixir unha mensaxe á Mancomunidade a través do seguinte formulario:

Faldon_PIPE-v_02_03