PowerPoints da Xornada:
a-certificacion-ecoloxica-en-galicia
oportunidades-no-sector-primario
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, co financiamento da Deputación de A Coruña, organiza para o día 20 de Decembro a xornada “Consumo responsable, sustentabilidade e agroecoloxía”, que se celebrará no auditorio municipal de Cedeira de 9.30h a 14.00h.
A xornada que ten como obxectivo impulsar na comarca proxectos sostibles e respectuosos co medio ambiente ofrecendo oportunidades, tendencias así como información para a posta en marcha de pequenas explotacións.
Por outra banda banda tamén pretende sensibilizar aos consumidores sobre a necesidade de mercar de xeito responsable, e a relación entre alimentación e saúde.
Pola tarde, en horario de 16.00 a 19.00 realizarase mesas de traballo entre produtores e axentes da comarca para crear redes e colaboracións así como estudar posibles accións que axuden a impulsar este movemento.
Programa
9.30 Acto de apertura
9.45 Oportunidades e experiencias no sector primario, Pablo López, Implicatum Consultoría
10.10 Control e certificación das producións ecolóxicas, Javier García Lozano, Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia
10.35 Posta en marcha dunha explotación hortícola, Marta Váquez Mosquera, Enxeñeira Técnica Agrícola e Formadora
11.10 Pausa
11.30 Venta directa de productos de explotacións agrarias, Antonio Álvarez , Xefe de Área de Servizos Agrarios Ferrol-Betanzos
12.00 Grupos de consumo, o caso de Fonte da Uz. Marisé Díaz Morado, Rosa Ermida, Lan Couce Ruiz
12.25 Viveros Las Torres, unha experiencia local
12.45 Pumido ao natural , permacultura no val de Esmelle e sistemas de garantía participativa
13.15 Milhulloa produción ecolóxica- Muuhlloa cosmética KM0
13.45 Preguntas e peche
Tarde: Mesa de traballo para produtores e axentes do sector
16.00 Organización de mesas de traballo e traballo en grupo
18.00 Exposición das conclusións
18.45 Peche
Máis información :
Tel.679406593