Obradoiros de emprendemento e negocio turístico (portada)

Todo logos horizontal

A Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, como entidade coordinadora do Convenio para a promoción turística do xeodestino Ferrolterra, convoca unha serie de Adestramentos Colaborativos, que se enmarcan na liña da formación dinamizadora incluída no plan de actuacións 2014.
No Adestramento Colaborativo destinado a empresarios, técnicos de turismo, AEDLs ou persoal doutras áreas vinculadas coa actividade turística, traballaranse os seguintes aspectos:
•    Traballo en rede.
Sensibilización e formación entorno á creación de redes como mecanismo de diferenciación, mellora competitiva e identificación de oportunidades estratéxicas para o sector.

•    Innovación colaborativa.
Sensibilización e formación para fomentar a creatividade como mecanismo fundamental para xerar un produto turístico máis forte, diversificar os servizos turísticos e analizar as tendencias do mercado para dar resposta a través dun produto diferenciador.

•    Configuración de produtos colaborativos.
Sensibilización e formación entorno ao proceso de deseño, configuración e posta en marcha de produtos turísticos colaborativos, como resultado final dos procesos anteriores (colaboración empresarial e creación de produto innovador).

•    Detección de oportunidades de negocio.

•    Proposta de liñas actuación para futuros convenios entre a Mancomunidade e Axencia de Turismo de Galicia.

A  primeira xornada dos Adestramentos Colaborativos celebrarase en dúas ubicacións alternativas:

Luns 27 de outubro de 9:00 a 12:00 horas no Centro de Emprego de Ferrol

Luns 27 de outubro de 17:00 a 20:00 no Antigo Hospital de San Roque, Ortigueira.

O resto de datas serán elixidas conxuntamente polos participantes no primeiro encontro, en función da dispoñibilidade maioritaria.

A túa achega é importante, se estás interesada ou interesado en participar, envía o seguinte formulario de inscrición cuberto

A data límite para o envío do formulario é o 22 de outubro de 2014.

Formulario de inscrición para empresarios/as

Formulario de inscrición para técnicos/as

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s