Servizo de Orientación Laboral

Photo by mentatdgt on Pexels.com

Luns, martes e mércores de 9:00 a 14:00: Centro de Formación Francisco Vizoso, Mugardos

Xoves de 9:00 a 14:00: Casa do Concello de Valdoviño

Venres de 9:00 a 14:00: Casa do Concello de Neda.

Debido á situación do COVID-19 requírese cita previa.

Servizo de Orientación Laboral

A Mancomunidade ofrece ás persoas desempregadas un servizo de orientación laboral que inclúe:

  1. Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego.
  2. Deseño do itinerario personalizado para o emprego.
  3. Acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e o cumprimento do compromiso de actividade.
  4. Asesoramento e axuda técnica para a definición do currículo e a aplicación de técnicas para a procura activa de emprego.
  5. Información e asesoramento sobre: a situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego; a oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cuaificación europeas; e a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo
  6. Apoio á xestión da mobilidade laboral.