Servizo de adaptación dos menús de hostalería ao público estranxeiro

Todo logos horizontal

BASES E PROCEDEMENTO

A Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, como entidade coordinadora do Plan de Promoción Turística para o xeodestino Ferrolterra, en convenio coa Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia convoca unha acción de mellora da atención ao cliente estranxeiro nos establecementos de hostalería do destino.

Para tratar de acadar dito obxectivo, vaise fomentar a penetración do idioma inglés nas cartas de servizos de bares, cafeterías e restaurantes mediante a tradución de ditas cartas por persoal debidamente cualificado.

Para poder beneficiarse desta actuación, os establecementos interesados deberán enviar as súas cartas/menús mediante correo electrónico e en formato editable (word, openoffice,…) ao enderezo coordinacion@turismoferrolterra.es xunto cos datos de identificación e contacto  (nome do establecemento,  dirección, teléfono,  persoa de contacto,  e-mail,  web,  e horario de apertura)

O prazo para recepción das cartas/menús remata o 7 de novembro ás 12:00 horas. Terán prioridade de tradución as primeiras cartas recibidas e, en todo caso, as dos establecementos que se atopen distinguidos con algún sistema de calidade como a Q de calidade ou do SICTED. No caso de contar con estes recoñecementos, deberán axuntar un documento acreditativo do mesmo: fotografía do distintivo ou copia do diploma acreditativo.

Os establecementos participantes comprométense a facer constar nas cartas traducidas a colaboración do Plan de Promoción Turística do Xeodestino Ferrolterra mediante a inserción dos logotipos do Plan, da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Xunta de Galicia – Axencia Galega de Turismo, a marca turística de Galicia e o financiamento mediante fondos FEDER e co logotipo da Unión Europea.

Todos os elementos traducidos formarán parte dun glosario que se publicará en internet, co fin de que no futuro poidan ser aproveitados para a confección ou modificación de cartas.

Así mesmo, as cartas de aqueles establecementos que dean o seu consentimento expreso serán publicadas en internet en varios idiomas xunto coa localización do establecemento.

 

No caso de que haxa solicitudes que non poidan ser atendidas, quedarán como prioritarias para próximas anualidades.

 

Para calquera aclaración sobre o proceso pódese contactar con Ángel Ramírez, coordinador do Plan de Turismo, a través do enderezo electrónico coordinacion@turismoferrolterra.es ou ben no teléfono 698 181 717.

LOPD

Dacordo coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle de que os seus datos atópanse almacenados nun ficheiro declarado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol ante o Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos coa finalidade de xestionar a súa inscrición na acción de tradución de cartas ao inglés.

 

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos, remitindo a súa solicitude á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, situada no Pazo Municipal de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402 Ferrol (A Coruña). Ou ben mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: lalcala@ferrol.es

One Response to Servizo de adaptación dos menús de hostalería ao público estranxeiro

  1. Pingback: La Mancomunidad traducirá gratuitamente a varios idiomas los menús de los hosteleros | Ferrol360

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s