Deporte inclusivo

1668

COMEZA O V PROGRAMA DE DEPORTE INCLUSIVO!

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol desenvolve dende o ano 2011 coa colaboración da Deputación da Coruña, un Programa de deporte e actividade física adaptada e inclusiva co que se pretende abranguer progresivamente a diversidade funcional no deporte e xerar contextos que contribúan a unha sociedade inclusiva.

A actual programación, que se realiza en outono de 2016 colaboración da Deputación da Coruña (Programa FO101 ano 2016) comprende as seguintes modalidades:

Actividade

Lugar previsto

Horario previsto

Baile adaptado

Local Social Sta. Icia (Narón)

Luns, 17:15 a 18:15 horas (a partir de outubro)

Baloncesto en cadeira de rodas

Pavillón Polideportivo “O Ramo” Rúa Pablo Ares Feal, 28. Barallobre, Fene

Xoves de 17:30 a 19:00

Boccia

Centro Público Integrado do Feal, R/ Río Seco, s/n, O Feal, Narón

Mércores de 16:30 a 18:00

Slalom en cadeira de rodas

Centro Público Integrado do Feal, R/ Río Seco, s/n, O Feal, Narón.

Mércores de 16:30 a 18:00

Padel en cadeira de rodas

P6 Sport Center, Rúa dos Panadeiros, Narón

 HORARIO CORREXIDO

Xoves de 18:00 a 19:30

Pilates

COGAMI FERROL, Rúa Sánchez Calviño nº 56-58, Ferrol

Xoves de 11:30 a 12:30

Existe a disposición dos usuarios que o precisen un servizo gratuíto de transporte adaptado, realizado coa colaboración da Deputación da Coruña ao abeiro da Convocatoria do programa de subvencións dirixido a concellos e outras entidades locais para o mantemento de servizos sociais durante o ano 2016 (FOAXCA).

O programa pon a disposición dos usuarios o material esencial para a realización das actividades, e en particular o seguinte material adquirido mediante sucesivas subvencións da Deputación da Coruña para equipamento deportivo: rampas e bolas de boccia, balóns de baloncesto, bolas de tenis, raquetas de tenis, cadeiras de rodas deportivas, equipamento de pilates e materiais de slalom (ver Material )

Consulta aquí as bases_do V progama de deporte_inclusivo (2016)

Solicitude de matrícula (ABERTA DENDE O MARTES 13/09/16)

Colabora:

 Deputacion_2013

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s