Sábado 14 de novembro: Deporte inclusivo con motivo do Día sen Alcol

ESPAÑA-ESTADOS UNIDOS

Este sábado día 14 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, no pavillón polideportivo do ensanche, terá lugar unha actividade organizada pola Asociación de Exalcólicos de Ferrolterra, dentro das accións programadas estas semana con motivo do Día Sen Alcol, na que participarán as escolas deporte inclusivo da Mancomunidade.

Realizaranse exhibicións participativas de baile, baloncesto en cadeira de rodas, boccia e slalom, coas que se pretende dar a coñecer a diversidade funcional no deporte e ao mesmo tempo ofrecer un exemplo de autosuperación para as persoas que queren romper a barreira do alcol.

Para transmitir esta mensaxe celebraremos unha xornada amena e divertida, na que o público poderá participar e probar cada un destes deportes, que son inclusivos e por tanto abertos a todas as persoas aínda que na vida diaria non precisen cadeira de rodas.

No desenvolvemento destes eventos colaboran ADM, ASCM, Basketmi e Asociación Vida Activa entre outras entidades dedicadas á diversidade funcional.

Os proxectos de deporte inclusivo da Mancomunidade están subvencionadas cos Programas FO101, FO102 e FOAXCA da Deputación da Coruña.

Cartel Día Sen Alcol

Esta entrada foi publicada en Deporte adaptado-inclusivo. Ligazón permanente.

Deixar un comentario