ÍNDICE
- 1.- Introdución
- 2.- Recuperación e adopción: horarios e contacto
- 3.- Avisos
- 4.- Entrega voluntaria de animais con propietario
- 5.- Normativa
- 6.- Estatísticas
- 7.- Guías para adoptantes
1.- INTRODUCIÓN
O refuxio de animais de Mougá é un centro dedicado a aloxar animais domésticos que precisan un fogar ata o momento en que son recuperados polos seus propietarios ou ben adoptados por unha nova familia.
A normativa autonómica e as ordenanzas locais definen as obrigas dos propietarios respecto aos seus animais domésticos, en particular as especies que deben ser identificadas mediante un microchip de forma que os animais poidan ser facilmente devoltos aos seus donos en caso de extravío (consulte ao seu ou á súa veterinario/a).
Os concellos integrantes da Mancomunidade son plenamente conscientes da importancia de colaborar na protección dos dereitos dos animáis, así como do papel fundamental da cidadanía na tenza responsable dos animais e na condena e persecución do maltrato e o abandono.
2.- RECUPERACIÓN E ADOPCIÓN: HORARIOS E CONTACTO
Se vostede extraviou ao seu animal doméstico, ou ben se desexa adoptar un animal, pode poñerse en contacto co refuxio de animais no seguinte teléfono e correo e electrónico, ou tamén visitar o centro no horario que se indica a continuación.
- Teléfono do Refuxio: 633 38 17 63
- Enderezo electrónico do refuxio: refuxio@ferrol.es
- Horario de visita ao centro:
- Luns a venres de 11:30 a 18:30;
- Sábado de 10:00 a 14:30 (con cita previa).
- Horario de atención telefónica:
- Luns a venres de 10:30 a 18:30
- Sábado de 10:00 a 14:30.
- Localización do Refuxio de Mougá: ver mapa
Igualmente, pode consultar os ANIMAIS DISPOÑIBLES PARA ADOPCIÓN NESTE ENLACE.
3.- AVISOS
Se vostede advirte a presencia dun animal deambulando sen dono debe chamar ao 112 ou á policía local do seu concello para que se proceda á súa recollida.
4.- ENTREGA VOLUNTARIA DE ANIMAIS CON PROPIETARIO
Para a entrega voluntaria de animais ao Refuxio de animais abandonados de Mougá deberá ter en conta, en primeiro lugar, que a entrega terá sempre carácter causal, é dicir, para que a súa solicitude sexa aceptada deberá atoparse nalgún dos supostos recollidos no regulamento de funcionamento do refuxio de Mougá. Tamén deberá considerar o disposto en:
— ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servizos do refuxio de animais de Mougá
— ordenanza de protección dos animais e convivencia responsable
— regulamento de funcionamento do refuxio de Mougá (causas de entrega)
Pode consultar estes textos na sección ‘Normativa’.
Deberá ter en conta que no caso de ser aceptada a súa solicitude, a prestación dos servizos do refuxio de animais de Mougá implica o aboamento dunha taxa que pode comprobar na ordenanza fiscal reguladora da mesma (ver o apartado ‘Normativa’). Porén, en caso de non poder facer fronte ao pagamento desta, será indispensable a achega dun informe dos servizos sociais do seu concello onde se faga constar a situación de risco de exclusión social (único suposto de exención de acordo ao Regulamento).
En caso de estar incurso/a nalgún dos supostos que motivan a entrega deberá seguir os seguintes pasos:
1.- Encher e asinar a solicitude de entrega.
2.- Coa solicitude deberá acompañar, obrigatoriamente:
— a documentación dos animais da que dispoña
— toda aquela documentación xustificativa que considere pertinente, en función da causa que alegue para a entrega (informes médicos, certificados de defunción, informes de carencia de medios do servizos sociais, ordes de desafiuzamento, etc.)
3.- A solicitude deberá entregala debidamente cuberta e asinada electrónicamente / escanada por algunha destas vías:
— a través do rexistro electrónico da Mancomunidade (http://www.ferrol.gal:8081/cividas-core-web-ferrol/public/catalog/catalog-index.xhtml;jsessionid=6FF7C837F58A3D24990DE00A6D9AD7BF?filterFormHidden%3AcategoryFilterCriteria=Mancomunidade+de+Concellos+da+Comarca+de+Ferrol)
— presencialmente nas oficinas administrativas da Mancomunidade no mercado da Magdalena (r/Igrexa, 51, 15402, Ferrol), para o cal deberá solicitar cita previa no telf. 981 944 000 ext. 378.
5.- NORMATIVA
Regulamento de funcionamento do servizo mancomunado de lacería e refuxio de Mougá
LEI 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
Ordenanza municipal de protección dos animais e convivencia responsable (Concello de Ferrol)
6. ESTATÍSTICAS
ABRIL 2023
MARZO 2023
FEBREIRO 2023
7.- GUÍAS PARA ADOPTANTES
Pingback: El Refugio de Mougá tramitó en 2014 un total de 38 expedientes por abandono | Ferrol360
Hola, hace dos semanas he adoptado a un gatito. Se llama liro, que es el nombre que tenía en el refugio. Os diré, que estamos felices con liro y el con nosotros. Cada día nos sorprende con algo nuevo. Es travieso, y a la vez cariñoso. tiene su habitación con todo lo necesario, ya que mi hijo se encargó de comprarle de todo. Aunque tiene su cama, poco la utiliza, ya que prefiere dormir con mi hijo, o con nosotros a los pies de la cama. Lo hemos llevado al veterinario y se portó muy bien. Estamos encantados con liro. Gracias por vuestra labor.
Pingback: Jorge Suárez visita el centro de acogida de animales de Mougá | Galicia Ártabra Digital
buenas,me llamo ness y hace como dos mese adopte a trece,que ahora se llama elvis,y confieso que ha sido un regalo poder darle un nuevo hogar y todo el cariño que se merece.Ser ha adaptado perfectamente y es todo ternura y mimos,Se mueve a sus anchas por la casa y si he de ser sincero es todo un placer ver como su comportamiento mejora cada dia.Largos paseos por la playa y una total confianza el uno en el otro.
si tu adoptas a una mascota es una buena acción pues tu le vas a brindar el cariño que sus antiguos dueños no le supieron o no quisieron dar, gracias a todos por esta gran labor
Pingback: Libera y el Concello de Ferrol ponen en marcha una campaña contra el abandono y la compra de mascotas | Ferrol360
Hola!!!
Yo he adoptado una perrita en el Refugio de Mougá hace cuatro años y es lo mejor que he podido hacer. Es el mayor tesoro que poseo. Animo a todo el mundo a que adopte. No compreis mascotas, id a los refugios y adoptad, no os arrepentireis.
Es una segunda oportunidad para el animal y para el que lo adopta es una experiencia super enriquecedora.
Hai unha semana visitamos o refuxio co medo do que nos poderíamos atopar alí, e atopamos a Senda (antes Chesca), unha cadeliña de 3 meses dunha camada de 5 femias que nos roubaron o corazón, elas e todos os demais animais que alí viven. En poucos días xa é parte da familia, xa non imaxinamos a vida sen ela, e desde aqui animamos a todo o que poida que adopte neste refuxio ou noutro, en protectoras ou en casos de abandono que coñeza. Tamén pedimos máis fondos para mellorar as instalacións e a calidade de vida dos que permanecen alí. Gracias aos traballadores e traballadoras do refuxio de Ferrol polo seu traballo.
Hola a tod@s, hoy hemos adoptado a una perrita….muy cariñosa, simpática y muy guapa😊….os animo a adoptar, todos esos animalitos se lo merecen, x último, decir q toda la gente que trabaja en el Refuxio de Mougá, es encantadora…gracias x la amabilidad.
Hai pouco mais d’ unha semana visitei o refuxio e atopei alí a Linda (antes Dora), unha cadeliña de casi tres anos, negrita e moi esbelta, preciosa ……como tantos outros/as do refuxio. Dende o primeiro día é parte da familia, é tan agradecida que sino o vés non o podes creer. Lévase de marabilla con tódolos cans e con tódalas persoas, Estou moi contenta e feliz con ela. Animo a todos/as que adopten neste refuxio ou noutro. Que non merquen cans, que hai moitos/as na perreira e nos refuxios . Tamén gustaríame que o axuntamento o quen sexa dotara de máis fondos para mellorar as instalacións e a calidade de vida dos que permanecen alí. Gracias aos traballadores/as do refuxio de Mougá polo seu traballo.
Acabo de recuperar a mi perro Pau gracias al Refugio. Estamos muy contentos y muy agradecidos de sus servicios Muchísimas gracias también a la pareja que recabó sus servicios. En lo sucesivo ya decidimos comprarle un localizado a nuestro escapista terrier😉😊
Pingback: Luz verde a la ampliación del refugio de Mougá, que alberga a 65 perros | Ferrol360
Pingback: ✅Protectoras de Galicia || 2022 ||