Convocatoria de curso de adestrador/a de surf 2022

AMPLIADO O PRAZO ATA O MARTES 25 DE OUTUBRO

A formación de monitores de surf resulta esencial para o desenvolvemento turístico do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas que a Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol promociona.

Por este motivo solicitouse e obtívose unha axuda da Deputación da Coruña mediante o Programa de subvencións dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas (DP0030) do ano 2022 para un plan de mellora do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas no que se inclúe expresamente esta acción formativa.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña e por medio da Federación Galega de Surf convoca un curso de formación para a obtención da titulación oficial de adestrador nacional en surfing nivel I, ao abeiro da Resolución de 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan formativo da modalidade deportiva de surf (B.O.E. de 28/02/2012).

As publicacións sobre esta convocatoria realizaranse no taboleiro de anuncios da web da Mancomunidade

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Responses to Convocatoria de curso de adestrador/a de surf 2022

  1. Pingback: Curso de entrenador nacional de surf nivel 1 a cargo de la Mancomunidad | Ferrol360

Deixar un comentario