Emprego e emprendemento

Servizos Municipais

Os concellos da Mancomunidade colaboran estreitamente para abordar de forma conxunta a tarefa da creación de emprego e o desenvolvemento económico sostible.

Esta cooperación é coordinada a nivel técnico por un grupo de traballo que integra os servizos de emprego dos nove concellos da Mancomunidade, aos que pode accederse nos seguintes enlaces:

A través deste grupo de traballo estanse realizar distintas actividades para as persoas que buscan encontrar ou mellorar o seu emprego ou desexan desenvolver proxectos empresariais.

Mapa de recursos para o emprendemento na comarca

Neste mapa podes consultar todos os servizos, tanto das administracións como doutras entidades, para as persoas teñen un proxecto empresarial e necesitan apoio técnico ou económico para desenvolvelo.

 

Axenda Comarcal para o Emprego e Emprendemento

A Axenda Comarcal é un espazo no que podes coñecer as actividades de formación e asesoramento para a búsqueda de emprego e o emprendemento que se realizan no ámbito da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. Esta importante ferramenta é posible grazas a distintas entidades dedicadas ao apoio a emprendedores e persoas en búsqueda de emprego nesta comarca. Consúltaa na na sección axenda comarcal.

Obradoiros de emprendemento e negocio turístico

Todo logos horizontal

A Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, como entidade coordinadora do Convenio para a promoción turística do xeodestino Ferrolterra, convoca unha serie de Adestramentos Colaborativos, que se enmarcan na liña da formación dinamizadora incluída no plan de actuacións 2014. Para máis información, entra aquí

Programas Integrados para o Emprego.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa participación dos concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira, activa un Programa Integrado para o Emprego coa finalidade de mellorar a empregabilidade e a inserción  das persoas traballadoras en situación de desemprego e con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral. Máis información aquí.

 

Proxectos anteriores da Mancomunidade

Deixar un comentario